lunes, 10 de diciembre de 2018

Panxoliñas

Estas son as cancións de inglés que imos cantar o día da festa de Nadal, por se queredes facer tamén algúns ensaios na casa!




Infantil:


1º primaria:


3º, 4º, 5º e 6º primaria:




LET'S DANCE!!

jueves, 22 de noviembre de 2018

Merry Christmas!

O RITMO NON PARA!! 
Todo o día de festa en festa... Agora comezamos a preparnos para o Nadal.









































lunes, 19 de noviembre de 2018

App Navío

Na clase de inglés tamén traballamos moito coa app Navio, dos libros de texto Macmillan, que nos ofrece moitas actividades de aprendizaxe dixitais. 

A aprendizaxe a través do xogo sempre resulta máis motivadora e atractiva para os alumnos e alumnas. Na app podemos atopar actividades para traballar as distintas destrezas lingüísticas dunha maneira lúdica (pequenas historias para ler ou escoitar, cancións, exercicios de vocabulario, exercicios de escoita, exercicios de repetir...). 










jueves, 15 de noviembre de 2018

Inglés cos maiores (3º, 4º, 5º, 6º)



Aquí tedes unha mostra de como traballamos en inglés os maiores do cole!

Para as actividades de lectura e escritura, usamos os libros ou distintas fichas de exercicios. Pero para traballar as destrezas orais utilizamos xogos, cancións, conversas en pares...














As flashcards axúdannos a introducir vocabulario, a repasalo... Facemos xogos dun curso contra outro para aprender as palabras

















Lembrade o importante que é usar as afeccións e os intereses dos nenos e nenas para ensinar unha lingua: escoitar cancións en inglés, ler contos ou pequenos libros en inglés, ver a tele en inglés... Animádevos a facelo tamén na casa!

Se hai alguén que se anime a contar un conto ou facer algunha actividade en inglés, non dubidedes en poñervos en contacto comigo para poder organizalo.


SEE YOU SOON!


Inglés en educación infantil




Deixóvos aquí algús exemplos das actividades e xogos que facemos en inglés

Saudamos á nosa mascota, Dino, e cantámoslle a canción de bós días







Facemos a rutina do día en inglés: contamos cantos somos, quen está na casa, quen está no colexio, como está o tempo hoxe…






Lemos contos



Cantamos e bailamos distintas cancións

















Xogamos a diferentes xogos de movemento: I spy with my little eye, Simons says…










Aproveitamos as distintas celebracións para coñecer aspectos da cultura dos países de fala inglesa e para aprender vocabulario novo










Despedímonos de Dino e da profe, e ás veces gastámoslles bromas ao titor: escondémonos, facémonos os durmidos…




Lembrade o importante que é usar as afeccións e os intereses dos nenos e nenas para ensinar unha lingua: escoitar cancións en inglés, ler contos en inglés, ver a tele en inglés... Animádevos a facelo na casa!

Se hai alguén que se anime a contar un conto ou facer algunha actividade en inglés, non dubidedes en poñervos en contacto comigo a través da titora para poder organizalo.

SEE YOU SOON!