Deixóvos aquí algús exemplos das actividades e xogos que facemos en inglés
Saudamos á nosa mascota, Dino, e cantámoslle a canción de bós días
Facemos a rutina do día en inglés:
contamos cantos somos, quen está na casa, quen está no colexio, como está o
tempo hoxe…
Lemos contos
Cantamos e bailamos distintas
cancións
Xogamos a diferentes xogos de
movemento: I spy with my little eye,
Simons says…
Aproveitamos as distintas celebracións para coñecer aspectos da cultura dos países de fala inglesa e para aprender vocabulario novo
Despedímonos de Dino e da profe, e ás
veces gastámoslles bromas ao titor: escondémonos, facémonos os durmidos…
Lembrade o importante que é usar as afeccións e os intereses dos nenos e nenas para ensinar unha lingua: escoitar cancións en inglés, ler contos en inglés, ver a tele en inglés... Animádevos a facelo na casa!
Se hai alguén que se anime a contar un conto ou facer algunha actividade en inglés, non dubidedes en poñervos en contacto comigo a través da titora para poder organizalo.
SEE YOU SOON!