lunes, 5 de noviembre de 2018

Inglés 1º EP

Ola!
Deixámosvos por aquí unhas fotos para que poidades ver algúns exemplos de actividades que facemos na clase de inglés.

Para comezar, saúdamos á nosa mascota Dino e falamos un pouco con ela. Tamén lle cantamos unha canción para darlle os bos días.




A continuación facemos a rutina do día en inglés: que día da semana é, que mes, que día do mes, que estación, o tempo que vai...


Cando precisamos aprender vocabulario, axudámonos coas flashcards.



Ás veces tamén lemos contos.


Facemos tamén distintas actividades que nos axuden a comprender aspectos da cultura de países de fala inglesa.




Facemos diferentes xogos de movemento, xa que ao unir palabras con accións resúltanos máis sinxelo aprender vocabulario
















Tamén bailamos, cantamos... ás veces nós sos, e ás veces poñendo cancións e vídeos na pantalla.







Como xa sabedes, os libros podemos usalos pouquiño. A escritura en inglés é totalmente diferente á castelá ou galega, polo que nos custa moito facer os exercicios. Pero hai algúns de escoitar, debuxar, pegar pegatinas... que si que podemos facer.

Lembrade o importante que é usar as afeccións e os intereses dos nenos e nenas para ensinar unha lingua: escoitar cancións en inglés, ler contos en inglés, ver a tele en inglés... Animádevos a facelo na casa!

Se hai alguén que se anime a contar un conto ou facer algunha actividade en inglés, non dubidedes en poñervos en contacto comigo a través da titora para poder organizalo.

SEE YOU SOON!





No hay comentarios:

Publicar un comentario