martes, 22 de enero de 2019

Flashcards (Infantil)



As flashcards son un recurso que utilizamos moito na clase de inglés, xa que resulta moi eficaz e ao mesmo tempo divertido para os nenos e nenas. Centrando a nosa atención nunha palabra de cada vez, facemos que a información sexa máis dixerible para o cerebro, mellorando así a súa asimilación.





En infantil usamos flashcards con só debuxo para aprender distinto vocabulario, para facer a rutina do día, para ver o tempo que vai, para repasar cousas que xa sabemos...





Moitas veces son eles e elas os que colaboran na elaboración das tarxetas para que así teña un significado maior para eles e estean máis motivados de cara á adquisición de aprendizaxe.





No hay comentarios:

Publicar un comentario