jueves, 23 de mayo de 2019
Stop Motion
Estas semanas na clase de 5º e 6º tivemos a visita especial de Laura Cuba. Laura é licenciada en Comunicacións Audiovisuais e agora está estudando Maxisterio. Veu á nosa aula para ensinarnos a facer un Stop Motion, unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas. Ademáis, o tema foi interesantísimo: como levamos todo o curso a investigar mulleres importantes a través da historia, fixémolo sobre dúas delas: Hedy Lamarr e Mary Kenner, ¡¡e todo isto en inglés!!
Convidámosvos a ver os resultados na nosa canle de Youtube APRENDE E DIVÍRTETE CON 5o E 6o (e se de paso vos subscribides sería xenial!)
GRAZAS LAURA!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario